Servizos ó cidadán
Ubicación
ubicacion

Actualidade

imagen

 

O Concello de A Pobra do Brollón sitúase na provincia de Lugo, entre a ribeira e a montaña. Pertencente a Comarca da Terra de Lemos, limita ó norte co Concello de Incio, ó sur con Quiroga, polo oeste con Bóveda e Monforte e polo leste con Folgoso do Courel e Quiroga.

 

Cabe destacar a enorme variedade paisaxística do concello, atopándose todo tipo de paisaxes da Galicia interior: zonas baixas, zonas de media montaña e zonas de alta montaña. As alturas máis relevantes son o Alto da Veneira, de 1.142m; Alto da Senra,1.135m; e Cuña dos Píos cos seus 1.131m de altitude.
A parte oriental do concello resulta a de maior beleza en canto á paisaxe, pois constitúe a porta de entrada a fermosísima Serra do Courel.
Son numerosos os ríos e regatos, formando nalgún lugar espectaculares paisaxes, coma o canón do Sil na parroquia de Vilachá. Saa, Lor, Cabe e Rubín son os principias ríos da súa rede fluvial.

 


Climatolóxicamente atopamos un clima diferenciado; oceánico-continental na zona occidental do municipio, e oceánico de montaña cara o leste, debido á maior altitude. Na parte occidental as temperaturas son suaves, con invernos fríos e veráns calurosos. Na parte máis montañosa as temperaturas medias rondan os 11º.
Cunha superficie de 174'8 qm2 acolle a 2.369 habitantes distribuidos en 22 parroquias.
O 86,1% da poboación ocupada emprégase no sector primario, o 4,9% no secundario e o 9% no terciario.


O sector gandeiro tórnase na principal actividade, atopándose en toda a zona, con predominio das pequenas explotacións de gando bovino de carne. As explotacións vacunas de leite están máis desenvolvidas en canto a mecanización e manexo, proporcionando algún posto de traballo externo.
Aparte destas actividades, o tipo de explotación máis extendido no concello é a explotación avícola (cebo de polos e pavos), sendo na maioría dos casos cooperativas de grandes empresas bastante tecnificadas.
En definitiva a agricultura da zona caracterízase pola gran cantidade de explotacións de reducido tamaño e o elevado número de agricultores/propietarios.

 

En canto ós cultivos falaremos de produción en minifundios para o autoconsumo e alimentación animal, salvo nunha excepción en Salcedo, que conta coa presencia de producción de flor en invernadoiro e que estase a desenvolver de maneira satisfactoria.

 

O sector industrial localízase principalmente en serradoiros nos que se realiza o serrado e a preparación de envases e embalaxes de madeira. Tamén aparecen a fabricación doutras pezas de carpintería, portas, fiestras e outras pezas en madeira. Noutra banda, a extracción de rocas, conta con boas instalacións e alto grao de comercialización cun mercado nacional e mesmo internacional.

 

O sector servizos basease no pequeno comercio. Na hostelería atópase bastante desenvolvido, sobretodo grazas as axudas do Plan Leader, contando con numerosos restaurantes que ofrecen a gastronomía típica da zona e hospedaxes de turismo rural. No sector transportes existen pequenas empresas e algúns autotaxis.


junta