Servizos ó cidadán
Ubicación
ubicacion

Saúdo do Alcalde


Estimado internauta, espero que a nosa páxina web sexa do teu agrado e de utilidade.

Nesta lexislatura que acabamos de empezar, temos por obxectivo acadar un Concello que sexa máis dinámico tanto económica como culturalmente, no que tódolos veciños nos sintamos orgullosos de vivir nel.

Para elo non só é preciso ter un proxecto, por parte do equipo de goberno, senón que tamén necesitamos da vosa participación, a de tódolos veciños, para que os nosos obxectivos se vexan consumados.

Esperamos que esta páxina Web non só sexa un instrumento para facilitar os trámites ante a administración local, senón que sirva tamén para potenciar a participación cidadá na labor de goberno.

                                                         Atentamente,

O ALCALDE,

 

Asdo.: José Luís Maceda Vilariño




junta