Eventos
31-12-1969 - 31-12-1969
Festa da Castaña

Na parroquia de Salcedo celébrase no último sábado de outubro a Festa da castaña e do mel. A festa ten lugar no souto de Paramela e conta entre as suas atividades cunha degustación de castañas e mel pola mañá, xunto cunha demostración de alfarería de Gundivós, e una exposición etnográfica. Xa pola tarde celébranse outros actos culturais e na notiña ten lugar un magosto popular.
31-12-1969 - 31-12-1969
Feiras

O Concello de A Pobra do Brollón conta con tres feiras de carácter agropecuario e gastronómico ó mes. Os días 2 de cada mes ten lugar a Feira no lugar de Estación, mentres a Feira en Pobra celébrase os días 11 e 25 de cada mes.
31-12-1969 - 31-12-1969
Festival de Os Gándaros

Este festival, que comezou no ano 1998 con fins solidarios, consolidouse xa como un referente dentro dos festexos do término municipal da Pobra do Brollón. Celébrase no mes de agosto no souto de castiñeiros de Os Gándaros, na parroquia de Salcedo, e conta cada ano cunha amplia variedade de actuacións musicais dos máis variados estilos.
26-12-2010 - 06-12-2010
PROGRAMA NADAL 2010
OBRADOIROS DE NADAL
Días: 27, 28, 29 e 30 de Decembro e
3, 4, 5, e 7 de Xaneiro.
Lugar: Casa da Cultura Olga Novo
Destinatarios: nenos\as de 4 a 12 anos
Horario: de 10h a 13h
O custe da actividade será de 5€
Para inscribirse deberán pasar polos Servizos Sociais antes do 22 de decembro e entregar:
v
Folla de inscripción
v
Fotocopia da tarxeta Sanitaria
v No caso de tratamento específico ou doenza a ter en conta, xustificante médico.
Para mais información porse en contacto coa educadora familiar no tlfo:982430447