Servizos ó cidadán
Ubicación
ubicacion



Benvid@s a web da Pobra do Brollón.


sede-electronica-pobra-brollon.gif



plus
Axenda Cultural
plus
Últimas Novas
Festa da Castaña
Na parroquia de Salcedo celébrase no último sábado de outubro a Festa da castaña e do mel. A festa ten lugar no souto de Paramela e conta entre as suas atividades cunha degustación de castañas e mel pola mañá, xunto cunha demostración de alfarería de Gundivós, e una exposición etnográfica. Xa pola tarde celébranse outros actos culturais e na notiña ten lugar un magosto popular.
Feiras
O Concello de A Pobra do Brollón conta con tres feiras de carácter agropecuario e gastronómico ó mes. Os días 2 de cada mes ten lugar a Feira no lugar de Estación, mentres a Feira en Pobra celébrase os días 11 e 25 de cada mes.
Festival de Os Gándaros
Este festival, que comezou no ano 1998 con fins solidarios, consolidouse xa como un referente dentro dos festexos do término municipal da Pobra do Brollón. Celébrase no mes de agosto no souto de castiñeiros de Os Gándaros, na parroquia de Salcedo, e conta cada ano cunha amplia variedade de actuacións musicais dos máis variados estilos.
PROGRAMA NADAL 2010

OBRADOIROS DE NADAL

 

Días: 27, 28, 29 e 30 de Decembro e

3, 4,  5, e 7 de Xaneiro.

 

    Lugar: Casa da Cultura  Olga Novo

  

    Destinatarios: nenos\as de 4 a 12 anos
   
    Horario: de 10h a 13h

   

    O custe da actividade será de 5€

 

Para inscribirse deberán pasar polos Servizos Sociais antes do 22 de decembro e entregar:

v      Folla de inscripción
v      Fotocopia da tarxeta Sanitaria
v     No caso de tratamento específico ou doenza a ter en conta, xustificante médico.

  Para mais información porse en contacto coa educadora familiar no tlfo:982430447

Nova web do concello da Pobra do Brollón.
Esta web deixará de estar en servicio dende o día 1 de maio de 2011

Administración electrónica.
Novos e mellores servizos.

Homenaxe a Olga Novo
Acto de homenaxe á escritora Olga Novo.

Homenaxe ás vítimas do franquismo

Celebrouse na Casa da Cultura Olga Novo.

Ao remate se descubriu unha placa conmemorativa na fachada do concello.



junta